Tumbaga

Peitoral quimbaya realizado en tumbaga.

A tumbaga é o nome que os españois lle deron a unha aliaxe de ouro e cobre que fabricaban os ourives indíxenas de América.

Alén dos indíxenas da cultura lambayeque (cultura peruana) que lle dicían "tumbaga" á mestura de ouro con cobre e prata, numerosas culturas precolombianas salientaron pola súa rica ourivaría, como a da cultura Tumaco-La Tolita, a tairona ou a quimbaya, utilizaron a tumbaga para elaborar diversos obxectos cerimoniais e adornos.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy